Rutas por Galicia

1

Xeorruta das praias de area negra

Cedeira (A Coruña).  O camiño pasa por Teixidelo, a única praia de area negra non volcánica do mundo. O seu emprazamento a pé de cantil chega ata a fervenza que discorre por un val de orixe glaciar.Francisco Canosa

Cedeira (A Coruña). O camiño pasa por Teixidelo, a única praia de area negra non volcánica do mundo. O seu emprazamento a pé de cantil chega ata a fervenza que discorre por un val de orixe glaciar.

2

Camiño dos Faros

De Malpica a Fisterra (A Coruña).  É unha das grandes rutas marítimas con máis de 200 quilómetros de percorrido. Os puntos principais polos que discorre son Malpica, Niñóns, Ponteceso, Laxe, Arou, Camariñas, Muxía, Nemiña e Fisterra.

De Malpica a Fisterra (A Coruña). É unha das grandes rutas marítimas con máis de 200 quilómetros de percorrido. Os puntos principais polos que discorre son Malpica, Niñóns, Ponteceso, Laxe, Arou, Camariñas, Muxía, Nemiña e Fisterra.

3

Fuciño do Porco

O Vicedo (Lugo).  A primeira parte da ruta pasa a través dunha pista forestal. Ao chegar a un alto comeza o descenso ata Punta Socastro, e con el as fermosas pasarelas de Fuciño do Porco. Teresa Pérez

O Vicedo (Lugo). A primeira parte da ruta pasa a través dunha pista forestal. Ao chegar a un alto comeza o descenso ata Punta Socastro, e con el as fermosas pasarelas de Fuciño do Porco.

4

Ruta dos Encomendeiros

Fragas do Eume (A Coruña).  Empeza na ponte colgante de O Cal Grande e discorre río arriba ata chegar á ponte de Caaveiro. É entón cando ascende ata o monasterio para volver sobre si mesmo á beira do río Sesín. Pódese acurtar a súa lonxitude comezando na ponte de Fornelos ou camiñando só o tramo circular de Caaveiro.Ángel Manso

Fragas do Eume (A Coruña). Empeza na ponte colgante de O Cal Grande e discorre río arriba ata chegar á ponte de Caaveiro. É entón cando ascende ata o monasterio para volver sobre si mesmo á beira do río Sesín. Pódese acurtar a súa lonxitude comezando na ponte de Fornelos ou camiñando só o tramo circular de Caaveiro.

5

Ruta da Devesa da Rogueira

O Courel (Lugo) . Hai dúas opcións para comezar a percorrer as fermosas vistas desta ruta: dende Moreda ou empezando o camiño en Alto do Couto.Carlos Rueda

O Courel (Lugo). Hai dúas opcións para comezar a percorrer as fermosas vistas desta ruta: dende Moreda ou empezando o camiño en Alto do Couto.

6

Cabo Vilán e o Cemiterio dos Ingleses

Camariñas (A Coruña). Dende o faro de cabo Vilán, un dos máis característicos da Costa da Morte, comeza o sendeiro que leva ata o cemiterio dos Ingleses a través de 7 quilómetros de beleza agreste.Marcos Rodríguez

Camariñas (A Coruña). Dende o faro de cabo Vilán, un dos máis característicos da Costa da Morte, comeza o sendeiro que leva ata o cemiterio dos Ingleses a través de 7 quilómetros de beleza agreste.

7

Ruta Alto do Príncipe

Illas Cíes (Pontevedra) . É o camiño natural de ascenso a monte Agudo. Trátase da ruta más curta e sinxela que pasa pola praia de Figueiras ata chegar á Cadeira da Raíña.

Illas Cíes (Pontevedra). É o camiño natural de ascenso a monte Agudo. Trátase da ruta más curta e sinxela que pasa pola praia de Figueiras ata chegar á Cadeira da Raíña.

8

Ruta das pasarelas do río Mao

Parada de Sil (Ourense).  O camiño transcorre na súa meirande parte a través de pasarelas de madeira que colgan do río Mao. O percorrido vai ata Barxacova terminando na Fábrica de Luz, e ten unha extensión duns 3 quilómetrosAlberto López

Parada de Sil (Ourense). O camiño transcorre na súa meirande parte a través de pasarelas de madeira que colgan do río Mao. O percorrido vai ata Barxacova terminando na Fábrica de Luz, e ten unha extensión duns 3 quilómetros

9

Ruta da auga de Guitiriz

Guitiriz (Lugo).  Trátase dun percorrido sen desniveis que comeza á beira dos ríos Parga e Ladroil e transcorre polo verde camiño que se estende dende a ponte de Santo Alberto ata a carballeira de Pardiñas.Manuel Marras

Guitiriz (Lugo). Trátase dun percorrido sen desniveis que comeza á beira dos ríos Parga e Ladroil e transcorre polo verde camiño que se estende dende a ponte de Santo Alberto ata a carballeira de Pardiñas.

10

Ruta da Pedra e da Auga

Meis (Pontevedra).  O percorrido, que suma máis de trinta muiños, comeza no municipio de Meis e descende por un angosto sendeiro paralelo ao río Armenteira. Este tramo acumula o maior desnivel e, porén, conta con máis muiños. A pendente vai en descenso ata que, na área recreativa, continúase por un camiño á beira do río, xa en Ribadumia.Manuel Marras

Meis (Pontevedra). O percorrido, que suma máis de trinta muiños, comeza no municipio de Meis e descende por un angosto sendeiro paralelo ao río Armenteira. Este tramo acumula o maior desnivel e, porén, conta con máis muiños. A pendente vai en descenso ata que, na área recreativa, continúase por un camiño á beira do río, xa en Ribadumia.

11

Sendeiro dos viñedos da Ribeira Sacra

Sober (Lugo) . O percorrido comunica o pobo de Rosende có Sil. A primeira etapa discorre entre viñedos polo cañón do río Cabe, e tras deixar atrás os pobos de Souto Novo e Hortás chégase ata O Arroxó. É aquí onde o sendeiro segue o curso do Xábrega ata chegar ao final no embarcadoiro de Os Chancís, onde o paseo en catamarán é obrigatorio.Carlos Rueda

Sober (Lugo). O percorrido comunica o pobo de Rosende có Sil. A primeira etapa discorre entre viñedos polo cañón do río Cabe, e tras deixar atrás os pobos de Souto Novo e Hortás chégase ata O Arroxó. É aquí onde o sendeiro segue o curso do Xábrega ata chegar ao final no embarcadoiro de Os Chancís, onde o paseo en catamarán é obrigatorio.

12

Pena Trevinca

A Veiga (Ourense) . O principal punto de acceso realízase desde a localidade de A Veiga, próxima ao embalse de Prada. Pódese comezar a ruta a través de pequenas aldeas limítrofes ao espazo.Santi M. Amil

A Veiga (Ourense). O principal punto de acceso realízase desde a localidade de A Veiga, próxima ao embalse de Prada. Pódese comezar a ruta a través de pequenas aldeas limítrofes ao espazo.

13

Cantís de Loiba

Ortigueira (A Coruña) . Entre acantilados atópanse os fermosos arenais que conforman as privilexiadas praias de O Picón, o Sarridal, praia Furada, Ribeira Grande, Fábrega, Os Castros, do Coitelo, Gaivoteira e unha infinidade de pequenas calas. Un dos grandes protagonistas da ruta é o coñecido como banco máis bonito do mundo, en LoibaÁngel Manso

Ortigueira (A Coruña). Entre acantilados atópanse os fermosos arenais que conforman as privilexiadas praias de O Picón, o Sarridal, praia Furada, Ribeira Grande, Fábrega, Os Castros, do Coitelo, Gaivoteira e unha infinidade de pequenas calas. Un dos grandes protagonistas da ruta é o coñecido como banco máis bonito do mundo, en Loiba

14

Ruta do albergue de Os Ancares a Tres Bispos

Os Ancares (Lugo).  É un dos camiños máis clásicos e asequibles que comeza no albergue para continuar direción Cabanavella e logo pasar por Campa de Ortigoso ata chegar ao destino final (Tres Bispos), que ofrece unha panorámica dos picos máis importantes da zona.Óscar Cela

Os Ancares (Lugo). É un dos camiños máis clásicos e asequibles que comeza no albergue para continuar direción Cabanavella e logo pasar por Campa de Ortigoso ata chegar ao destino final (Tres Bispos), que ofrece unha panorámica dos picos máis importantes da zona.

15

Ruta da costa de O Vicedo

O Vicedo (Lugo) . O sendeiro comeza no porto de O Vicedo, pasando polo paseo que envolve a praia de Vidreiro para observar as vistas do faro de Castro ata chegar a Caolín. O camiño prosegue ata Xilloi e continúa ata ter unha privilexiada vista da Illa Coelleira. Entón, a ruta alterna costa e montaña ata chegar a Tixoso. A parada no miradoiro de San Román é de obrigado cumprimento para poder apreciar as vistas da ría de Viveiro antes de chegar ao último punto: a praia de Area GrandeCarlos Fernández Sousa

O Vicedo (Lugo). O sendeiro comeza no porto de O Vicedo, pasando polo paseo que envolve a praia de Vidreiro para observar as vistas do faro de Castro ata chegar a Caolín. O camiño prosegue ata Xilloi e continúa ata ter unha privilexiada vista da Illa Coelleira. Entón, a ruta alterna costa e montaña ata chegar a Tixoso. A parada no miradoiro de San Román é de obrigado cumprimento para poder apreciar as vistas da ría de Viveiro antes de chegar ao último punto: a praia de Area Grande

16

Ruta das pozas de Melón e fervenza do Tourón

Melón (Ourense) . Consiste nun sendeiro señalizado que transcorre á beira do río Cerves.Santi M. Amil

Melón (Ourense). Consiste nun sendeiro señalizado que transcorre á beira do río Cerves.

17

Ruta dos muíños de Barosa

Barro (Pontevedra) . O camiño discorre polos muiños de Abaixo ata a ponte de San Breixo. Despois de chegar á área recreativa, pódese continuar polo sendeiro circular que cruza a ponte de A Búa e retorna pola marxe dereita ata a ponte de San Breixo, onde conclúe a ruta.M. Marras

Barro (Pontevedra). O camiño discorre polos muiños de Abaixo ata a ponte de San Breixo. Despois de chegar á área recreativa, pódese continuar polo sendeiro circular que cruza a ponte de A Búa e retorna pola marxe dereita ata a ponte de San Breixo, onde conclúe a ruta.

18

Lagoas e praias de Xuño

Porto do Son (A Coruña).  Unha privilexiada paisaxe que comeza na lagoa de Xuño para seguir pola de San Pedro e despois chegar ata Basoñas e Seráns. A praia de Espiñeirido leva ata á da Lagoa para despois retornar ás pasarelas que rematan no paisaxe dunar dás Furnas.

Porto do Son (A Coruña). Unha privilexiada paisaxe que comeza na lagoa de Xuño para seguir pola de San Pedro e despois chegar ata Basoñas e Seráns. A praia de Espiñeirido leva ata á da Lagoa para despois retornar ás pasarelas que rematan no paisaxe dunar dás Furnas.

19

Paseo de monte Boi

Baiona (Pontevedra).  O percorrido circunda gran parte da base da fortaleza a través dun paseo de 2 quilómetros. Comeza sobre a praia de A Cuncheira e conclúe baixo a Torre do Reloxo, xunto á Porta Real.Xoan Carlos Gil

Baiona (Pontevedra). O percorrido circunda gran parte da base da fortaleza a través dun paseo de 2 quilómetros. Comeza sobre a praia de A Cuncheira e conclúe baixo a Torre do Reloxo, xunto á Porta Real.

20

Ruta do Con Negro

O Grove (Pontevedra).  O camiño empeza na praia do Con Negro para seguir por Aguieira, Barreiro e finalizar en CastiñeiraVítor Mejuto

O Grove (Pontevedra). O camiño empeza na praia do Con Negro para seguir por Aguieira, Barreiro e finalizar en Castiñeira